Liño de Galicia

Liño de Galicia, S.L. é un obradoiro que vén desempeñando un importante labor de recuperación da tradición da antiga manufactura do liño téxtil, unhas actividades que se foron perdendo co paso do tempo e que hoxe gozan cada vez de maior prestixio.

A empresa Liño de Galicia está ligada á Asociación Amigos do Liño, creada no ano 1996 co obxectivo de dar a coñecer tanto este material como as técnicas tradicionais de manipulalo

O obradoiro Liño de Galicia traballa e vende as súas pezas nun marco privilexiado: o Castelo de Vimianzo. Durante todos os días do ano – agás os luns, que pecha o Castelo – participan na mostra Artesanía en vivo, que organizan a Deputación da Coruña e mais o Concello de Vimianzo.

O traballo de Liño de Galicia pódese ver en directo no Castelo de Vimianzo, onde se exhiben e se venden as pezas que se elaboran no obradoiro e se fan demostracións todos os días do ano. Nos teares dos que dispón este obradoiro na primeira planta do Castelo confecciónanse todo tipo de prendas: dende teas, lenzos, puntillas, mantelearía, cortinas, pantalóns, chaquetas, camisas ata traxes de cerimonia.

O proceso de transformación do liño é longo e coidadoso e pasa por diferentes etapas: sementeira, recolleita, secado, tascado, espadelado, restrelado, fiado, lavado do fío e, finalmente, a venda cara ao público. As técnicas que empregan para confeccionar as pezas son as mesmas que se empregaban tradicionalmente e que desenvolven artesás expertas que traballan co tear, cos palillos, co gancho, coa calceta ou co bordado.


Contacta con nos

Liño de Galicia

Dirección: C/Vidal Ríos, 4 (15150 Baio – A Coruña)
Teléfono: 696 26 89 23 Email: linodegalicia@yahoo.es

Anuncios
Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora